Coronavirus

O Partido Popular de O Carballiño propón axudas polo covid-19

Para poder presentar as súas, o PP local mantivo conversas con representantes de sectores afectados e con técnicos especialistas en cada materia.

O Partido Popular de Carballiño elaborou unha serie de propostas para paliar os danos causados pola crise do covid-19. A esto se comprometeu durante a sesión plenaria celebrada o pasado martes, e agarda agora que o rexedor local convoque unha xuntanza para poder contrastalas co equipo de Goberno e co resto de grupos da oposición. 

No mencionado plenario, deuse luz verde ás axudas para combater a crise do covid-19 por un valor de 1.799.000 euros. Naquel momento, todos os grupos adquiriron o compromiso de preparar, con data tope no día 17 de maio, propostas de bases para que o Grupo de Goberno as puidese ter en consideración. Para poder presentar as súas, o PP local mantivo conversas con representantes de sectores afectados e con técnicos especialistas en cada materia.

En liñas xerais, as propostas do Grupo Popular no Concello do Carballiño fanse, segundo destacaron dende a formación, "para que Carballiño rescate a Carballiño", de forma que cada euro que poña a disposición o Concello se gaste no Carballiño, xerando así un efecto multiplicador positivo para unha mellor recuperación. Dende o PP manteñen unha liña de colaboración co Goberno.

Te puede interesar