INFRAESTRUCTURAS

O paseo do río Arenteiro conta cun novo acceso e un mirador

uploaded_mirador_result
photo_camera O mirador no paseo do Arenteiro.

Só quedan retoques finais para dar por concluída a obra de construcción do novo mirador. 

A falla dalgúns retoques finais, xa rematou a construcción do novo mirador e zona de acceso ao sendeiro do Arenteiro desde a rúa Río Avia, na zona do Balneario. Xa só resta pintar a barandilla e colocar dous bancos para que esta obra estea plenamente concluida, o que terá lugar ao longo desta a semana.

Deste xeito, xa se pode acceder ao sendeiro desde esta rúa sen saída e cun gran desnivel sobre o sendeiro da ribeira do Arenteiro. Para isto, construiuse unha escaleira e unha rampa, ademáis dunha praza-mirador, de 2,70 metros de altura sobre o nivel do paseo do río. 

Este proxecto, que foi redactado polo arquitecto municipal, tivo un custo global de 50.000 euros, e contou cunha subvención de 40.000 euros da Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, segundo un convenio asinado o pasado verán entre o alcalde, Francisco Fumega, e a Directora de Turismo, Nava Castro. 

Te puede interesar