O CARBALLIÑO

O paseo fluvial carballiñés mellorará o seu firme e drenaxe da auga

Francisco Fumega e José Antonio Quiroga
photo_camera Francisco Fumega e José Antonio Quiroga, no lavadoiro de Toscaña. (C.R.)

A Confederación do Miño-Sil invertirá 350.000 euros no proxecto que inclúe a reforma do lavadoiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten prácticamente ultimado o proxecto de acondicionamento do sendeiro do río Arenteiro por ambas marxes, así como do lavadoiro de Toscaña e unha finca próxima que albergará unha nova zona de xogos infantís.

O proxecto, que ten un custo de 350.000 euros e será financiado na súa totalidade pola Confederación Hidrográfica, forma parte do acordo alcanzado polo presidente do organismo, José Antonio Quiroga, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, durante a visita realizada á vila o pasado mes de xaneiro, e que se plasmará coa sinatura dun protocolo entre a Confederación e o Concello do Carballiño, que xa está redactado.

Ademais deste novo proxecto, a Confederación levou a cabo recentemente a limpeza do cauce dos ríos Carrás e Arenteiro, no tramo urbano municipal, retirando os troncos e polas que se atopaban no río, así como daquelas árbores das ribeiras que estaban secas e corrían o risco de caer en calquera momento.

O novo proxecto contempla a substitución do pavimento actual do paseo do río Arenteiro por ambas marxes, que é de xabre compactado, por outro tipo de pavimento resistente á erosión pola acción da auga. Ademais realizarase unha mellora do drenaxe e evacuación de augas pluviais.

Este proxecto tamén inclúe a substitución da cuberta e do vello tellado do lavadoiro do barrio de Toscaña, que corre o risco de derrumbe, así como a mellora do acceso a través da rúa Miño e o acondicionamento dunha finca próxima para a instalación dun parque infantil e área recreativa.


Paseo fluvial


Os sendeiros do río Arenteiro executáronse nos anos 2007 e 2008 pola extinta Confederación Hidrográfica del Norte, e co paso do tempo teñen sufrido un notable deterioro debido fundamentalmente á acción erosiva da auga de escorrentía, polo que este novo proxecto terá como principal obxectivo acondicionar ambas marxes do río no tramo comprendido desde a Ponte de Veiga ata o Museo Etnográfico do Arenteiro.

A rehabilitación do lavadoiro de Toscaña é unha intervención moi demandada polos veciños do entorno, tendo en conta que está situado nunha área recreativa a beira do río e ao mesmo tempo dentro do casco urbano polo que suele estar bastante concurrida. Os veciños de Toscaña en particular, e do Carballiño en xeral, teñen alertado en repetidas ocasións ás autoridades municipais de que a situación na que está o lavadoiro  pode resultar perigosa.

Refírense concretamente ao tellado que amenaza con derrubarse polo que pode en calquera momento ferir ás persoas. Con este proxecto da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil solucionarase o problema.

Te puede interesar