Piñor investirá 106.000 euros para mellorar a Aira de Freás

O Concello presentou o documento técnico que define os traballos a executar, aos que a Xunta destinará un orzamento lixeiramente superior aos 106.000 euros

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Piñor colaborarán na realización das obras de acondicionamento da Aira de Freás, tal e como se recolle no convenio que asinaron onte a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, José Luis González. O Concello presentou o documento técnico que define os traballos a executar, aos que a Xunta destinará un orzamento lixeiramente superior aos 106.000 euros. As obras consistirán na limpeza do terreo e a pavimentación, nunha superficie de 378 metros cadrados con pedra rústica gratínica.

Por outra banda, o conselleiro de Política Social, Rey Varela, mantivo unha xuntanza en San Caetano co alcalde de Cea, José Luís Valladares, a fin de abordar novas vías de colaboración para a mellora dos programas de servizos sociais existentes no municipio.

Te puede interesar