IMPOSTOS

Piñor bonifica o IBI entre un 20% e un 95% da cota íntegra a pagar

Entra en vigor no Concello de Piñor, despois da exposición durante 30 días, a modificación da ordenanza reguladora do Imposto de Bens Inmobles

Entra en vigor no Concello de Piñor, despois da exposición durante 30 días, a modificación da ordenanza reguladora do Imposto de Bens Inmobles (IBI), que recolle bonificacións para compensar a revisión catastral que encareceu moitas propiedades.

As bonificacións son do 50% da cota íntegra para inmobles  que se rehabiliten ou novas construcións; tamén do 50% para vivendas de protección oficial ou equiparable.

Ademais, terán o 95% de bonificación os bens de cooperativas agrarias e explotacións comunitarias da terra. O 90% será nos bens  inmobles vinculados coas actividades primarias (palleiras, cabaceiros, e demais tipoloxías tradicionais). Tamén as familias numerosas cun 30% si o valor catastral é menor ou igual a 30.000 euros e do 20% si é maior. Finalmente, o 50%  para os inmobles con sistemas de aproveitamento térmico. 

Te puede interesar