Carballiño

Piñor celebra o Día do Maior cunha charla e obradoiros

Ademais, tamén se están levando a cabo obradoiros de actividade física para maiores

O Concello de Piñor conmemora o Día Internacional das Persoas de Idade (día 1 de outubro) coa organización de actividades, como unha charla sobre axudas técnicas para persoas maiores e dependentes, prevista para o próximo  día 30 de outubro, ás 19,00 horas, no Centro social da Albarona, destinada a tódalas persoas interesadas en informarse especialmente sobre as últimas novidades.

Ademais, tamén se están levando a cabo obradoiros de actividade física para maiores, que teñen lugar dous días á semana ao longo de todo este mes de outubro, no centro social da Albarona e  na antiga escola de Cotelas.

"A medida que mellora a atención médica, a poboación de persoas maiores está medrando, ao igual que medran as súas necesidades, e por suposto, as súas contribucións ó mundo", sinalan os responsables municipales.

Te puede interesar