INFRAESTRUCTURAS

Piñor conta cunha Casa Niño para acoller a cinco nenos

uploaded_nino_result
photo_camera A Casa Niño Os Cativiños, no municipio de Piñor.

Trátase dunha das casas de acollida para os pequenos das 17 que se están implantando na provincia de Ourense

O Concello de Piñor conta desde fai uns días co novo servizo Casa Niño para acoller a un total de cinco nenos con idades comprendidas entre os tres meses e os tres anos. Trátase dunha das casas de acollida para os pequenos das 17 que se están implantando na provincia de Ourense, en concellos de menos de 5.000 habitantes que non dispoñen de ningún tipo de gardería para nenos de cero a tres anos. As autoridades municipais de Piñor manifestaron a súa satisfacción pola oferta deste novo servizo Casa Niño Os Cativiños destinado fundamentalmente ás familias traballadoras deste municipio. n

Te puede interesar