Piñor organiza a I Xornada de Educación pola Igualdade

O Concello de Piñor organiza a I Xornada de Educación Familiar pola Igualdade, con motivo do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.

O Programa de Educación Familiar, que se desenvolve desde o ano 2006, é un servizo que traballa directamente o tema da igualdade e a prevención da violencia de xénero, tanto coas familias usuarias como nas actividades comunitarias que leva a cabo. Desde esa iniciativa, financiada pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia ó covid-19, levarase a cabo a primeira Xornada de Educación Familiar pola Igualdade, que terá lugar o próximo 26 de novembro, ás 16,00 horas, na Praza do Arenteiro. 

Tódalas familias están convidadas a participar nesta experiencia, que consiste nunha tarde de teatro e xogos para desfrutar nenos, pais e avós. A programación comezará coa obra de teatro “Avoas”, representada por Run Run Teatro. Seguirá ás 17,00 horas cunha xincana para toda a familia e, finalmente, haberá sorteo de agasallos entre os nenos participantes, entre outros, varios kits de contos, que levarán a mensaxe da igualdade de xénero ás familias e fogares.

A I Xornada de Educación Familiar pola Igualdade é de entrada libre e gratuíta e, por motivos organizativos, o Concello recomenda a inscrición xa sexa mediante correo electrónico
([email protected]) ou no teléfono 988403236.

Ante a posibilidade de que as condicións climatolóxicas sexan adversas, haberá instalada unha carpa coas dimensións precisas para poder acoller a realización da xornada de forma axeitada, segundo apuntan os responsables municipais que convidan a participar.

Te puede interesar