Piñor pon en marcha o servizo Concilia para o Nadal

O Concello de Piñor pon en marcha un programa de conciliación da vida familiar e laboral para este Nadal 2020. Desta maneira, os responsables municipais preparan diversas actividades baixo o lema "Piñor concilia Divernadal", que ofrecerá atención aos nenos, concretamente aos escolares de Primaria e ESO, en horario de 10,00 a 13,00 horas, no centro social da localidade, desde o 23 de decembro de 2020 ó 7 de xaneiro de 2021. 

Os participantes realizarán talleres e xogos moi variados como repostería de Nadal creativa, manualidades de adornos navideños, taller de broches e chapas, ademais de disfrutar cos contacontos e títeres, xincanas e xogos grupais. "A situación provocada polo covid-19 fai preciso adaptar este tipo de actividades para poder cumprir coas restricións sanitarias, motivo polo cal se abrirá o período de inscrición ata o vindeiro 15 de decembro", apuntan os responsables municipais.

Te puede interesar