ACTIVIDADES DE VERÁN

As piscinas municipais abrirán o día 15 cunha xornada gratis

<p></p>
photo_camera As piscinas municipais xa están a punto para a súa apertura o vindeiro día 15.

Nas instalacións traballarán 10 persoas ata setembro e o Concello ingresará case 50.000 euros

As piscinas municipais do Carballiño abrirán o próximo 15 de xuño, segundo confirmaron os responsables do Concello. Ese día, se o tempo o permite, iniciarase a nova tempada cunha xornadas de portas abertas e a posibilidade de divertirse con xogos inchables de auga. A brigada de obras da estes días os últimos retoques ao recinto, para que todo estea a punto.

Nas últimas semanas realizáronse diversas reparacións na zona dos aseos, duchas e vestiarios, así como no vaso da piscina grande. Ademais cortouse o césped e acondicionouse o peche vexetal que bordea o recinto, e pintáronse as varandas.

Por outra parte, no día de onte comezaron os traballos para esparcir o sal pola piscina grande, que xa está completamente chea de auga, co obxectivo de garantir o sistema de depuración, e nos próximos días acondicionarase a caseta de venda de entradas e o acceso ao recinto e zona de aparcamento de vehículos. Estas instalacións municipais permanecerán abertas ata o 15 de setembro. Nelas traballan dez personas, entre socorristas, persoal de limpeza, de cobro e as dúas empresas adxudicatarias de mantemento e explotación do bar. A media de usuarios ronda os 500 diarios e os ingresos que reporta ao Concello aproximanse durante toda a tempada de verán, se o tempo é favorable, aos 50.000 euros.

Te puede interesar