O CARBALLIÑO

Plan para recuperar fontes, lavadoiros e minas de regadío en O Carballiño

<p></p>
photo_camera O lavadoiro do pobo de Mouriz xa foi arranxado polas brigadas municipais.

Forma parte dun programa destinado a conservar e potenciar o patrimonio etnográfico do concello 

A Concellería de Medio Rural desenvolve un programa de limpeza e arranxo das fontes, minas, tanques, lavadoiros e outros elementos do patrimonio etnográfico do concello do Carballiño. Este programa lévase a cabo nunha primeira fase en oito parroquias. Así mesmo, realízanse outro tipo de melloras como o arranxo de marquesinas e de pistas e camiños.

Os pobos onde se executan agora os traballos de recuperación do patrimonio etnográfico son: Mouríz, Bouteiro, Batallás, A Medela, Madarnás, O Porto, A Granxa e Zafra. As intervencións consisten na limpeza, desbroce, cintado de pedra, hormigonado, instalación de tuberías, entre outras diversas, en función das necesidades de cada lugar. Ademais, a primeira marquesina que se reparou foi a de Godás, e continuarase en adiante coas de outros pobos.

Finalmente, apuntan os responsables municipales que estase procedendo ao arranxo de pistas e camiños, así como de cunetas en varias aldeas, como Trigás, Larouz e Veiga.

A concelleira de Medio Rural, Rosario González, declara que o elevado número de aldeas e núcleos do rural do Carballiño obriga a desenvolver programas de mellora por fases, de maneira que se poidan ir atendendo aquelas necesidades máis urxentes, segundo o grao de deterioro que se observe.

De aí que nesta fase se realicen principalmente obras vencelladas cos recursos hídricos, e tamén marquesinas, pistas e camiños.

Estas obras contribúen a mellorar a estética dos pobos onde se recuperan elementos tan tradicionais no rural como son as fontes, lavadoiros e minas de riego.

Te puede interesar