O Carballiño

A planta carballiñesa lidera a producción de GRI Towers

O Carballiño

EMPRESA

A planta carballiñesa lidera a producción de GRI Towers

A planta sitúase no parque empresarial de Carballiño.
photo_cameraA planta sitúase no parque empresarial de Carballiño.
A planta de torres eólicas de GRI Towers ubicada no Carballiño lidera xunto con outra planta do grupo ubicada en Brasil a producción do grupo GRI Towers S.L a nivel mundial. O xerente da planta carballiñesa, Cándido González Mandado, destaca "o feito de que esta planta sexa a semente do enorme potencial do grupo formado por nove plantas instaladas en diferentes países". A planta conta con aproximadamente 400 traballadores. "O peso na economía local carballiñesa que supón o desenvolvemento desta planta é superior ao do grupo PSA en Vigo", afirma Cándido González durante a visita realizada polo concelleiro de Emprego, Manuel Dacal. 

Más en O Carballiño