NATUREZA

Plantación de árbores na contorna da Piscifactoría

Esta actividade enmárcase na campaña posta en marcha pola compañía GRI Renewable Industries

Un cento de persoas, entre traballadores e familiares, da empresa de aeroxeradores do Carballiño, Gestamp, participarán este próximo sábado na plantación dunhas 800 árbores de especies autóctonas no entorno do futuro Museo do Papel e da Piscifactoría.

A empresa Bosque Sostenibles é a encargada de preparar o terreo para realizar esta plantación, que comezará ás 11,00 horas, e que abarcará unha superficie de 2 hectáreas. 
A este acto está previsto que asistan o director xeral de Gestamp, Cándido González, e a directiva de marketing da empresa matriz en Madrid de enerxías renovables “GRI”, María Morales, así como o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e a concelleira de Medio Ambiente, Erika Paz, entre outras autoridades.

Esta actividade enmárcase na campaña posta en marcha pola compañía GRI Renewable Industries, que conta con miles de traballadores en 7 países, para contribuir á loita contra o cambio climático. A plantación no Carballiño é iniciativa da empresa ubicada no polígono da Uceira. 

Te puede interesar