O CARBALLIÑO

Plantación de árbores na Insua dos Poetas

Máis de 300 alumnos dos colexios da comarca celebrarán o día da árbore con diversas actividades lúdicas e culturais

 

Con motivo da celebración do Día Mundial da Árbore, da Auga e da Poesía e no marco da celebración literaria que se realiza todos os anos, organizada pola Fundación Insua dos Poetas (A Esgueva-Madarnás), en colaboración do Concello do Carballiño e a Deputación de Ourense, levaranse a cabo actividades protagonizadas polo alumnado dos centros educativos da comarca. O acto será o 7 de abril e nel participarán un total de 11 centros educativos de Primaria e Secundaria e arredor de 320 alumnos.

Cada un dos centros participantes elexiu unha especie arbórea autóctona e despois de investigar sobre a súa simboloxía, propiedades e características, levará a cabo unha manifestación artística sobre esa especie en concreto: poemas, cancións, obriñas de teatro, murais, disfraces, bailes e xogos. Esa árbore podería converterse no símbolo de cada centro, segundo apuntou o director do Instituto Número 1, Manuel Amil.

Te puede interesar