A plataforma polo transporte de Carballiño pide un encontro con Gabriel Alén

photo_camera Gabriel Alén, delegado territorial de la Xunta en Ourense.
O colectivo tamén solicita permiso para poñer unha pancarta reivindicativa na estación de buses

A Plataforma pola defensa do transporte público de Carballiño e comarca solicita unha reunión co delegado territorial do Goberno en Ourense, Gabriel Alén, para trasladarlle as inquedanzas e os principios que defende o colectivo no tocante ás necesidades específicas do transporte nesta comarca, e para demandar o seu apoio.

Nese sentido, a plataforma tamén solicita permiso para poñer unha das pancartas reivindicativas nas instalacións da estación de autobuses do Carballiño, sita na avenida do Balneario. Ademais, pide información sobre o plan que ten a Xunta para a creación de unha estación intermodal en Carballiño; e sobre o plan de mobilidade que hai e as distintas conexións da vila e da comarca co resto de vilas e comarcas a través de dito plan.

"Reincido na necesidade urxente da celebración de esta xuntanza para poder seguir adiante na nosa intención de recuperar servizos no tocante ao transporte público", sinala Ramiro Bello Martín, presidente da Plataforma pola defensa do transporte público de Carballiño e comarca.

Os membros da plataforma coincidiron en destacar, na asemblea levada a cabo o pasado 19 de agosto, a necesidade de ter xuntanzas con todas as administracións e representantes políticos co obxectivo de dar a coñecer as carencias do transporte público na zona e pedir o seu apoio nas reclamacións para as que se puxo en marcha.n

Te puede interesar