CONCELLO

O pleno aproba dous millóns de orzamento en Cea

O BNG califica o orzamento de continuísta, critica o gasto en persoal e a reducida partida en inversión real 

O pleno de San Cristovo de Cea aprobou o orzamento para o 2020 por importe de 2.046.000 euros, cos votos a favor do goberno "popular". Destina 404.035 euros a inversións reais; 583.430 euros a servizos públicos básicos e 888.739 euros a gasto de persoal. O goberno municipal tamén  dispón dunha partida económica de 408.476 euros para gastos correntes e servizos, mentres que en trasferencias a outras institución prevé gastar 168.000 euros e ascendendo os gastos financieiros a 41.625 euros.

En canto aos ingresos, San Cristovo de Cea recauda por impostos directos e indirectos un total de 358.109 euros, mentres que as tasas municipais aportan ás arcas 242.400 euros. Así mesmo, recibe do Goberno 1.103.540 euros, que supón a principal entrada económica, ademais das transferencias de capital que ascenden a 258.801 euros. O goberno do Partido Popular defendeu os orzamentos nos que destacan as inversións reais por importe de máis de 400.000 euros

O BNG rexeitou a proposta porque considera que son uns orzamentos continuístas, "que en nada serven para investir a liña decadente do concello". Os nacionalistas tamén xustificaron o seu voto porque afirman que son "reducionistas, a pesares da actualización catastral e o cobro do IBI, quedando en 2.046.000 euros". Ademais critican a inversión que consideran escasa  e o gasto de persoal excesivo.

Te puede interesar