O CARBALLIÑO

O pobo de Alén contará cun novo centro social

20190129185736644_result
photo_camera Entorno no que se fará a praza en Ricovanca.

Un segundo proxecto é a urbanización dunha praza en Ricovanca, por importe de 5.000 euros.

A Deputación adxudicou á empresa Construcións Viso diversas intervencións incluídas polo Concello de Beariz no Plan de Obras do 2018. Deste xeito, procederase á rehabilitación do centro social en Alén cunha inversión de 75.000 euros. As obras levaranse a cabo nun inmoble adquirido pola comunidade de veciños e cedido ao concello a tal fin.  Consisten na reforma da edificación de pedra para convertela nun lugar de reunión. Con esta actuación o concello pasará a contar con 15 centros sociais.  

Un segundo proxecto é a urbanización dunha praza en Ricovanca, por importe de 5.000 euros. Este núcleo de poboación conta cunha ponte medieval, un muíño restaurado, hórreos con balaustrada de pedra e un antigo forno convertido en centro social. As rúas xa foron pavimentadas pero existen unhas ruínas que afean o entorno ao tempo que poden provocar problemas de salubridade pública. O concello expropiará o solar para facer a praza, Finalmente, está prevista a construción de aseos na zona deportiva “ A Goberna”, por importe de 20.000 euros.

Te puede interesar