Podemos insta ao Concello de Carballiño a cubrir primeiras necesidades

Casa do Concello do Carballiño.
photo_camera Casa do Concello do Carballiño.
O partido morado pide unha partida de 300.000 euros nos orzamentos para as familias en risco de exclusión social

O Cículo Podemos rexistrou un escrito no Concello do Carballiño coa proposta de medidas para paliar a crise xerada pola pandemia. Así, insta á creación de un Fondo de Garantía Social Municipal por valor de 300.000 euros no borrador do orzamento xeral de este 2021 para cubrir os gastos de primeira necesidade, en especial para familias que se atopan en risco de exclusión social, con axudas ao gasto en alimentación, fármacos, luz, gas, auga e alugueiro de vivenda.

Tamén propón a creación de unha liña telefónica que preste atención ás persoas maiores, vítimas de violencia machista e axuda psicolóxica operativa as 24 horas do día.

Círculo Podemos insta ademais aos responsables municipais á realización de un Plan de Emprego Local de Traballo, e a disponibilidade dunha partida orzamentaria de emerxencia de 200.000 euros para destinar a axudas diretas a traballadores por conta allea que tivesen un salario inferior ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) antes da crise, e que perdesen ingresos, ata alcanzar os 950 euros mes do (SMI). 

Tamén propón a creación de un protocolo de Asistencia á xente sen fogar e unha comisión de seguimento integrada por todos os grupos políticos para a supervisión e xestión da saída da crise sanitaria e económica, que realice  o control das axudas que se fagan efectivas e tamén faga labores de fiscalización no relativo aos plans e programas que se teñen que desenvolver na área social do Concello.

Te puede interesar