Podemos insta á creación dun plan municipal de saúde mental

Solicita que o pleno do Carballiño inste ao Sergas e ao Goberno da Xunta de Galicia á ampliación da área de psicoloxía do centro médico de Carballiño

O Círculo de Podemos no Carballiño solicita ao Concello a creación dun plan municipal de saúde mental postcovid-19. "Os datos de diversos estudos que se están realizando evidencian o impacto do confinamento e, por suposto, da crise económica que terá consecuencias sociais e de saúde para as que temos que ir preparándonos", sinala.

Por elo, solicita que o pleno do Carballiño inste ao Sergas e ao Goberno da Xunta de Galicia á ampliación da área de psicoloxía do centro médico de Carballiño, e tamén á creación do ETAC (Equipo de Tratamento Asertivo Comunitario) no CHUO. Así mesmo, propón que se pida á Xunta de Galicia realizar unha diagnose sobre o impacto do covid-19 na saúde mental da poboación galega "que reflicta a realidade do noso Concello", matiza.

Outra reclamación ten que ver con deseñar un plan de saúde mental municipal co fin de dotar ao Concello dunha estratexia para abordar as políticas de mellora neste ámbito. Esto suporá a creación dun Gabinete Psicolóxico Municipal; un programa de asesoramento e apoio en saúde mental a entidades sociais e profesionais; o apoio ás entidades que traballan na inserción sociolaboral e psicosocial das persoas con problemas de saúde mental e a reactivación de tódolos órganos de participación do noso concello para a elaboración de plans de saúde mental, entre outras medidas.n

Te puede interesar