Podemos pide ao Concello bonos para o comercio e a hostalería

O Círculo de Podemos no Carballiño presentaron unha proposta para ser debatida no próximo pleno co fin de destinar parte do orzamento previsto para a iluminación do Nadal á posta en marcha dun sistema de bonos que incentiven o consumo tanto no comercio local como na hostalería.

Pretende que o Concello do Carballiño financie o importe deste sistema de bonos mediante unha transferencia de crédito, reducindo o gasto na iluminación nun 80%. 

Tamén insta a realizar unha campaña informativa para difundir este sistema de bonos tanto en medios de comunicación, redes sociais e a pé de rúa para facilitar o acceso tanto aos establecementos para a súa adhesión, como á veciñanza para a compra dos bonos.

Asimismo, o Círculo de Podemos propón realizar un estudo do sistema de bonos e as súas repercusións na dinamización do comercio e da hostalería cuxos resultados serán publicados co fin de avaliar a repetición desta acción noutras épocas do ano e introducir posibles melloras. Ademais, o Concello deseñará unha estratexia comunicativa para a concienciación da veciñanza respecto aos beneficios do consumo do comercio de proximidade fronte a aquel realizado nas plataformas web.

E por último, esta formación política insta ao Concello a apoiar ao tecido local no seu tránsito cara a dixitalización e o emprego de ferramentas que impulsen a modalidade de venda a distancia de maneira complementaria á venda física.

Te puede interesar