O Carballiño

Podemos pide no Carballiño que se axilice a axuda aos autónomos

O Carballiño

Política

Podemos pide no Carballiño que se axilice a axuda aos autónomos

Solicitan o informe sobre a data na que se publicarán as bases coas condicións que se van a esixir para poder acceder ás axudas e subvencións do concello

O Círculo de Podemos no Carballiño dirixe unha solicitude ao alcalde, Francisco Fumega, para que informe sobre a data na que se publicarán as bases coas condicións que se van a esixir para poder acceder ás axudas e subvencións do concello por parte de autónomos, pequenas empresas e familias, co obxectivo de paliar os perxuicios ocasionados pola pandemia do covid-19.

Segundo considera, "o normal era que no pleno da pasada semana, sabendo que se ían aprobar os orzamentos e a cantidade destinada a estas axudas, dividida en dúas fases de un total de 1.977.000 euros, fose o grupo de goberno socialista quen levase unha proposta de bases para consensuar co resto de agrupacións da oposición, e as mesmas quedasen abertas a alegacións". Podemos engade que "despois de esperar dez días dende a celebración do pleno, para que o alcalde dese a coñecer algún borrador ben de xeito directo ou a través do BOP, non vemos esa iniciativa".

Así mesmo, reclama esta formación política do Carballiño que antes da entrada en vigor da fase 2 da desescalada "dende o grupo de goberno quiten xa, de extrema urxencia, medidas e protocolos de acompañamento para o sector da hostalería e do comercio local, salvagardando o bo funcionamento do mesmo en base ás pertinentes medidas de seguridade e sanitarias precisas".