Podemos pide ó concello a supresión dos plásticos

A formación propón medidas como evitar a auga embotellada e impulsar campañas a favor do uso de bolsas de tela e papel

A formación Podemos do Carballiño rexistrou un escrito dirixido ao alcalde e grupos que conforman a corporación municipal propoñendo varias medidas para contribuír dende o Concello do Carballiño á diminución do quecemento global, contra a contaminación sistémica e os efectos nocivos dun uso irresponsable do plástico. Con tal fin, pide o deseño dunha estratexia para eliminar o plástico dun só uso tanto en dependencias municipais como nas actividades organizadas por parte da administración.

Así mesmo, considera que debe estar contemplada a eliminación do consumo de auga embotellada (especialmente nos plenos da corporación) e minimizar a compra de material de oficina envolvido en plástico, así como favorecer a reutilización de envases. Ademais, impulsar unha campaña de incentivo de uso de bolsa de tela para as compras da veciñanza, incluíndo nesta campaña ao pequeno comercio.

Finalmente, Podemos propón impulsar unha campaña para o uso de envases de papel en hortalizas e verduras no mercado da Praza de Abastos, vinculando a medida cunha distinción de calidade e de valor engadido do producto de proximidade.

Te puede interesar