política

Podemos pide a creación dun plan cívico para mellorar O Carballiño

A proposta inclúe a mellora da limpeza nas rúas, a seguridade, a mobilidade, a ocupación da vía pública, ou a redución da contaminación acústica 

A formación política Podemos do Carballiño afirma que  "existe un verdadeiro descontrol no tocante a permisos de terrazas, horas de peche dos locais, control nas zonas de aparcar e de carga e descarga, ruido e suciedade nas rúas", e sinala ao goberno municipal, que dirixe Francisco Fumega, como o responsable porque "a día de hoxe non ten un plan de actuación eficaz para poder conciliar o que é o descanso da veciñanza co ocio e a celebración de festexos, sin que uns vaian en detrimento ou en contra dos outros", sinala referíndose a última tempada de verán.

Por ese motivo, Podemos presentou nestes últimos días no rexistro municipal unha proposta de plan cívico con seis liñas "que entendemos que son beneficiosas para a nosa vila".

A proposta ten que ver coas medidas a tomar para mellorar a limpeza nas rúas, a seguridade, a mobilidade, a ocupación da vía pública, a redución da contaminación acústica e o civismo ciudadán.

En consecuencia, solicita que "se tomen as medidas pertinentes para poder levar a cabo a nosa proposta, que entendemos necesaria e beneficiosa para toda a veciñanza do Carballiño"; e tamén pide crear unha comisión de estudo para poder levar a cabo dito plan xeral cívico, da cal formen parte representantes do concello, do comercio local, da hostalería , do sector industrial e da veciñanza.n

Te puede interesar