O CARBALLIÑO

Polémica por unha praza de técnico de emprego no Concello de Cea

O grupo de goberno aprobaba posteriormente este pasado luns tanto os orzamentos como a nova praza de técnico de fomento de emprego, xestión económica e administrativa

O grupo municipal do PSOE de San Cristovo de Cea conseguiu nun pleno que non se aprobaran os orzamentos do 2019 por "certas irregularidades nas cuestións de persoal", sinala o portavoz Guillermo Fernández. No mesmo pleno o gobierno "popular" tamén pretendía aprobar a creación dun posto de traballo "que vai custar máis de 40.000 euros ao ano ás arcas municipais", puntualiza o socialista.

O grupo de goberno aprobaba posteriormente este pasado luns tanto os orzamentos como a nova praza de técnico de fomento de emprego, xestión económica e administrativa. O PSOE afirma que, "probablemente non conta cos informes mínimos nin coa xustificación necesaria para a súa creación, toda vez que xa hai un posto das mesmas características ", engadindo que no Concello hai moitas outras cousas prioritarias.

Te puede interesar