A Policía non ten persoal para todas as quendas

<p></p>
photo_camera Axente da Policía Local de Carballiño.

O goberno local solicitará autorización á Xunta para convocar dúas prazas 

O Concello do Carballiño remitirá unha solicitude á Xunta de Galicia para poder convocar dúas novas prazas de Policía Local, alegando unha situación de excepcionalidade. Así o anunciou hoxe o concelleiro de Seguridade, Adolfo Nogueira, tendo en conta que estas novas prazas xa están contempladas na RPT (Relación de Postos de Traballo), e en segundo lugar, hai un número insuficiente de axentes para formar patrullas coas que cubrir nalgunha ocasión todas as quendas.

Adolfo Nogueira sinalou que dos 16 axentes que conforman a plantilla da Policía Local, hai 2 que están en segunda actividade, realizando labores administrativas noutros servizos; hai outros 2 axentes de baixas prolongadas; o xefe e o adxunto coordinan e fan distintas funcións pero non forman parte das patrullas, e, ademáis, están os permisos por descanso, vacacións, asuntos própios e horas sindicais. En consecuencia, apuntou que resulta moi difícil garantir patrullas na rúa as 24 horas do día, 7 días á semana.

Con respecto á crítica do PP pola falla dunha patrulla durante a tarde do pasado luns, asegurou que o servizo estivo cuberto por un cabo, que resolveu unha situación dun aparcamento improcedente diante dun vado, segundo dixo o concelleiro, que engadiu: "en todo caso, sempre hai un retén, formado polo xefe e o adxunto á xefatura da Policía Local, para calquera incidencia". E isto, sen contar coa Garda Civil, que está de garda permanentemente. Nogueira advertiu que a situación heredada con respecto á Policía Local era moi deficiente, e que nestes oito meses de goberno socialista se está intentando poñerlle remedio con medidas como a elaboración dun convenio regulador para, entre outras cousas, reincorporar aos axentes de segunda actividade á Policía Local; unha RPT e a convocatoria de 2 novas prazas, ademais de realizar un control coa pegada dixital do cumprimento das horas de traballo realizadas.

Te puede interesar