O porco celta 'ó espeto' acada parabéns para a festa de Beariz

Prado e Balboa diante do lume (Foto: XESÚS FARIÑAS)
A carne de porco celta preparada 'ó espeto' convertirase nun dos elementos principais do menú da vindeira festa de exaltación desta raza porcina en Beariz, prevista para marzo de 2012 na súa sexta edición e que estará adicada a Panamá
Así o confirmou o presidente da Asociación do Porco Celta, José Balboa, unha vez comprobado o éxito que iste exquisito manxar tivo entre os máis de 70 comensais que participaron onte nunha degustación no Centro Social de Lebozán, parroquia bearicense onde se cría esta variedade de porco.

O alcalde, Manuel Prado, xunto con concelleiros da Corporación, fixo de anfitrión no xantar, no que tamén estivo Alberto Otero, director da Escola de Hostelería de Vilamarín. Foron cinco os porcos que 11 integrantes da Asociación Gastronómica 'A Brasa', da localidade pontevedresa de Moraña, asaron 'ó espeto' entre as seis da mañá e as tres da tarde de onte, no exterior do centro cultural. Todo elo acompañado por chourizos con cachelos, pan, viño e postre caseiro de Beariz.

Te puede interesar