O Carballiño

Portugal e Salamanca, no 38 Festival de Corais de Carballiño

Pilar Caballero, Diego Fernández, Jaime Pichel e María del Carmen Fernández.
photo_camera Pilar Caballero, Diego Fernández, Jaime Pichel e María del Carmen Fernández.
As actuacións coinciden co 40 aniversario da Polifónica do Casino

A Coral Polifónica do Casino do Carballiño ofrece este próximo sábado a 37 edición do Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral. Trátase dunha actividade enmarcada dentro da celebración do 40 aniversario da agrupación, polo que xa tivo lugar un anterior concerto coincidindo coa Festa da Mimosa no casino.

A vicepresidenta da entidade, Pilar Caballero, daba a coñecer as corais convidadas para esta nova edición do festival: Coral Annuba, de Salamanca; Orfeâo da Fundaçâo Alord, de Paredes-Porto; e a Coral Caetanense de Cantanhede, de Coimbra, no transcurso dun acto de presentación no que participaron tamén o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o director da coral, Jaime Pichel; e a tesoreira da entidade, María del Carmen Fernández.

O Festival terá lugar ás 20,30 horas, no salón de actos do Casino do Carballiño, con entrada totalmente libre. As 150 persoas integrantes das catro corais participantes tamén celebrarán unha cea de confraternidade, e o domingo asistirán á misa das 12,30 horas, na Veracruz, en memoria de todos os coralistas e directores falecidos.

Diego Fernández eloxiou a traxectoria da Coral do Casino, resaltando o traballo que realiza a prol da cutura na vila e fóra nas súas viaxes. Mentres, Pilar Caballero recordaba aos seis directores que tivo a coral desde 1979, en que se fundou  por iniciativa de Manuel Blanco e Juan Corral e da que sería o primeiro director José Antonio Bueno. Despois seguiron Vicente Abeijón, José Luis Reza, Ana Docampo Arocas, Begoña Alonso e, desde 2011, Jaime Pichel. A conmemoración do 40 aniversario pecharase cunha grabación dun novo CD.

Jaime Pichel referíase ao gran prestixio que tiña a coral cando asumiu a súa dirección, e que neste período intentou asumir novos retos, con cambios notables durante os concertos, como introducir movementos coreográficos. María del Carmen Fernández expresaba o agradecemento aos colaboradores e patrocinadores.

Te puede interesar