Potiños retoma a actividade cultural con fotos na rúa

Oito membros da entidade farán fotografías a familias e veciños en xeral, o 28 de xuño, na praza maior

A Asociación Fotográfica O Potiños, en colaboración co Concello do Carballiño, organiza unha nova edición de "Pon unha foto na rúa", que terá lugar o domingo, 28 de xuño, na Praza Maior, e que será a primeira actividade cultural na vila tras o decreto do estado de alarma. Trátase de convidar aos veciños fundamentalmente a familias a participar activamente nesta experiencia, deixándose fotografiar por oito integrantes da asociación nun escenario adaptado para este fin. En total, están previstas sobre cen fotografías.

Este evento foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o presidente do colectivo fotográfico, Manuel Blanco. O edil felicitaba a entidade porque "teñen a valentía de facer unha actividade cultural, que marca a entrada na nova normalidade, e que se realizará con todas as garantías de prevención e seguridade”. Manuel Blanco, ademais de explicar en que consiste a actividade insistiu en que é o momento de comezar a andar de novo, ainda que tomando todas as medidas de prevención e seguridade requeridas. 

"Pon unha foto na rúa 2020" terá a novidade de que durante a semana anterior vanse colocar na Praza Maior mupis con 16 fotografías de gran formato de personaxes do Carballiño.

Te puede interesar