O CARBALLIñO

O PP reelixe a Argimiro Marnotes como presidente nun dos últimos congresos de Ourense

A súa única candidatura conseguiu o 97,73 por cento dos votos de compromisarios

O PP de O Carballiño reelixiu a Argimiro Marnotes como presidente local nun dos últimos congresos da provincia, no que a súa única candidatura conseguiu o 97,73 por cento dos votos de compromisarios nunha votación, escrutinio e proclamación celebrados na Casa da cultura.

Ao congreso asistiu o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, e o presidente provincial do PP, José Manuel Baltar, que aludiu á "fortaleza do PP local" presidido por Marnotes dende 2010 porque é o partido que "garante o éxito á hora de mellorar a calidade de vida en O Carballiño, onde cooperación, traballo, xestión e ideas son o básico".

O congreso do PP de O Carballiño produciuse despois dos de Xinzo de Limia, Calvos de Randín, Barbadás, Rubiá e Verea, nos que unha candidatura única obtivo maioría ou o cen por cento dos votos dos compromisarios, e en todos resultou elixido o que xa era presidente, salvo en Barbadás onde a nova presidenta María Consuelo Vispo, foi elixida polo cen por cento dos votos, para suceder a José Manuel Freire Couto, que ocupou o cargo durante os 28 anos anteriores.

Entre os congresos pendentes na provincia, atópanse os de Verín e a propia cidade de Ourense, onde non se celebra un congreso do PP local dende decembro de 2007.

O congreso da capital da provincia será en decembro, e o de Verín e algún outro pendente --ata os 70 previstos a comezos de ano polo presidente provincial-- será en novembro.

Te puede interesar