festa do pulpo

O PP fai varias propostas para mellorar a organización futura da Festa do Pulpo

os "populares" consideran que se debe recuperar o festival folclórico e impedir a presenza de vehículos no parque

O grupo municipal do PP no Carballiño pide ao goberno local que se traballe "na procura dunha mellor organización da Festa do Pulpo para correxir certas carencias". Desta forma, sinala que a festa débese dedicar a aquel lugar ou entidade que garanta unha mínima presencia e respecto institucional, "xa que o Concello de Gijón estivo representado por un só concelleiro, e nin Oviedo, nin outras poboacións e moito menos o Principado de Asturias, tiveron representación algunha".

A segunda recomendación ten que ver coa recuperación do festival folclórico no Parque durante a celebración. Ademais, "débese  ter coidado co feito de que sexa o casco urbano quen lle gañe a partida ao Parque municipal en canto a asistencia", considerando que eso perxudicaría a festa.

Tamén sinala o PP que "o acontecido este ano, pasando de unha a dúas as zonas de minibares, fixo que no Parque sonasen máis os decibelios dos grandes equipos de música que a propia música tradicional".

Por outra banda, os "populares" afirman que se debería de recuperar a instalación da megafonía que tradicionalmente existía, para trasladar algún aviso de importancia o emerxencia e que "baixo ningún concepto debería de permitirse no Parque a presenza de vehículos que non fosen os precisos de emerxencia e seguridade".

Respecto do concurso de camisetas, "débese de organizar mellor o desfile", sinala o PP, que tamén traslada unha petición das pulpeiras no sentido de que "se habiliten puntos de auga e desaugadoiros repartidos pola zona do Parque onde se colocan".

Te puede interesar