O PP insta ao Concello a ter un espazo para un centro de saúde

Os populares presentaron unha moción de urxencia para que este concello non se quede fora das inversións previstas para centros de saúde de Galicia

O grupo municipal do Partido Popular do Carballiño vén de presentar unha moción de urxencia para o seu debate no pleno de hoxe con obxectivo de que este concello non se quede fora das inversións previstas para centros de saúde de Galicia.

Na actualidade a Xunta está desenvolvendo o Programa de melloras de centros de saúde, "e por poboación e por antigüidade do noso centro de saúde, debemos de estar vixiantes de que O Carballiño non se quede fora deste plan", insisten os "populares".

Nese sentido, manifestan que "descoñecemos nesta corporación se por parte da Xunta se prantexan facer ou non reformas no actual centro de saúde, ou ben si pola contra, con estas obras nunca se podería chegar a ter un espazo amplo e ben ordenado, ou si estas obras suporían un custe superior a facer un novo centro noutro espazo, no caso de contar con parcela para este fin". Por iso, o PP considera que o Concello debe ter varios plans alternativos para que se poida tomar a mellor das solucións, entre elas dispor dun espazo por se a Administración autonómica optase por unha nova construción.

O PP afirma que é difícil dispoñer en tan pouco tempo dun espazo se fose requerido pola Xunta, polo que propón o edificio da estación de autobuses, unha vez que está en proxecto centralizar o transporte na estación de ferrocarril.

Te puede interesar