política

O PP de Maside pide ao goberno local a gravación dos plenos

Os "populares" critican que o goberno rexeitase a proposta e sinalan que xa tivo a primeira consecuencia xa que se viron obrigados a non aprobar a acta do último pleno por motivos varios

O grupo do Partido Popular de Maside considera que os veciños deben de estar ben informados polo que solicitou ao goberno socialista a gravación dos plenos, tendo en conta que "sería unha boa maneira de comezar o mandato coa publicidade necesaria para mantelos perfectamente conectados coa realidade do concello".

Os "populares" critican que o goberno rexeitase a proposta e sinalan que xa tivo a primeira consecuencia xa que se viron obrigados a non aprobar a acta do último pleno por motivos varios, o primeiro "a transcrición do que realmente se dixo no pleno non coincide co reflectido na acta, en segundo e o máis grave é que o contexto non esta plasmado na acta", sinalan.

Te puede interesar