O CARBALLIÑO

O PP oponse á planta de reciclaxe de neumáticos

Finalmente, os populares pretenden crear unha comisión de seguimento deste proxecto,  para que o concello participe nas actuacións precisas

O grupo municipal do PP de Carballiño insta á Corporación a aprobar unha moción para manifestar a oposición do Concello do Carballiño á instalación que se pretende ubicar no Concello de Maside para o reciclaxe de neumáticos. Pide, ademais, comunicar o anterior acordo ao Concello de Maside, á Xunta rectora do monte veciñal en man común de Bouzas, e aos restantes Concellos da comarca.

Finalmente, os populares pretenden crear unha comisión de seguimento deste proxecto, integrada polo alcalde, a concelleira de Medio Ambiente, e un concelleiro do PP, do BNG, e de Alternativa Veciñal, para que o concello participe nas actuacións precisas e, se fora necesario, encargar os traballos técnicos oportunos.
 

Te puede interesar