politica

O PP de Carballiño presenta seis alegacións á ordenanza de emerxencias

Este grupo pide que se aumente a contía de 20.000 a 40.000 euros e se baixe a 6 meses a obriga de estar empadroados

Rematou o prazo para a presentación de alegacións ao expediente da ordenanza municipal de emerxencia social do Carballiño, aprobada no pleno do pasado 2 de maio. O Partido Popular presentou seis alegacións para dar un mellor servizo aos veciños que teñan necesidades urxentes e non permanentes. Esta ordenanza nace dunha petición desta formación, que o goberno socialista presentou no derradeiro pleno do mandato anterior "cunha copia exacta da ordenanza existente no concello de Coles, demostrando unha falta de análise da situación das necesidades reais dos nosos veciños", sinalan os "populares".


O concello conta con 20.000 euros e o PP considera que debería asumir o compromiso adquirido de que sexan 40.000 euros


Para a redacción destas alegacións afirma que pediuse opinión a Cáritas e Cruz Vermella, "e ratificamos o que sospeitábamos de falta de previsión, pois estas asociacións non tiñan coñecemento nin da existencia desta ordenanza, e ninguén se tiña dirixido a eles para consultar ningún dos conceptos e importes das axudas que nela se inclúen", e engade que tampouco foi levada ao Consello de participación cidadá.

Coas alegacións, o PP pide que se inclúan axudas aos transeúntes; que se melloren as contías económicas; unha redución do prazo de obrigación de empadroamento a 6 meses; a necesidade de que se fixe o órgano competente para resolucións e facilitar a presentación de solicitudes.

Te puede interesar