POLÉMICA

O PP protesta pola tasa a pagar para optar a un contrato

Marnotes insta ao Concello a publicar de novo a convocatoria porque para contratos de igual ou menos de seis meses a tasa é de cero euros. 

O portavoz do grupo municipal do PP do Carballiño, Argimiro Marnotes, afirma que o Concello anunciou a contratación de un técnico titulado en Maxisterio para ó plan de educación e apoio familiar, en réxime de persoal laboral temporal con contrato de obra ou servizo determinado y con unha duración aproximada de 4 meses. 

Engade o anuncio que para optar ao concurso de méritos os aspirantes deberán abonar unha tasa de 16,20 euros. Marnotes insta ao Concello a publicar de novo a convocatoria porque para contratos de igual ou menos de seis meses a tasa é de cero euros. 

Te puede interesar