O PP quéixase ó Valedor do cambio de plenos en Piñor

O grupo municipal do PP en Piñor traslada a súa queixa ó Valedor do Pobo porque o alcalde socialista, Francisco Fraga, non convoca os plenos cada dous meses como se acordou en pleno, ó mesmo tempo que asegura que non recibe toda a documentación que solicita.
“Chegou a aprobar en pleno unha modificación do acordo tomado na sesión de organización de principio do mandato, que lle permite poñer o pleno nun rango de datas en función da carga de traballo e dos asuntos que teñamos para levar ao pleno”, sinalan dende o PP de Piñor.

Asimesmo, declara que 'non adxunta a documentación correspondente aos puntos do orde do día e en diversos escritos que lle remitimos por este motivo sempre contesta que non se nos entrega copia pero que está á nosa disposición'.
Francisco Fraga xustifica a súa decisión de modificar o calendario porque considera que se pode evitar o gasto das dietas cando non hai asuntos que tratar e tendo en conta que ó facer a convocatoria faixe con carácter ordinario. Asemade, asegura que cando non se entrega copia de documentación é por diversos motivos como preservar datos persoais.

Te puede interesar