comercio

Os praceiros de Carballiño sortearán 600 euros en vales de compra

O presidente da Asociación de Praceiros, Eligio González.
photo_camera O presidente da Asociación de Praceiros, Eligio González.
A campaña xa entregou máis de 6.000 vales aos clientes da Praza

O presidente da Asociación de Praceiros do Carballiño, Eligio González, valora positivamente o éxito que está tendo a campaña de promoción que se está levando a cabo neste tradicional mercado desde o pasado día 1 de xullo. Ao respecto declarou que xa se entregaron máis de 6.000 vales aos clientes da Praza de Abastos, e que esperan sumar un total de 8.000 ao finalizar a campaña, o próximo 8 de agosto. En consecuencia, anima aos veciños do Carballiño a mercar neste establecemento.


Iniciativa


"Este verán refréscate na praza!!" é o lema desta iniciativa que acabará cun sorteo de 12 vales de compra por valor de 50 euros cada un e unha caixa de viño Pazo Tizón. Eligio González tamén anuncia que para o próximo 10 de agosto, con motivo do 90 aniversario da Praza de Abastos, está prevista a actuación musical do grupo Feitizo de Pau, ás 11,00 horas, e que despois dará un pasarrúas por todo o pobo durante esa xornada víspera da Festa do Pulpo, na que tamén se celebra o concurso de camisetas das peñas.

Te puede interesar