O Carballiño

Os praceiros sortearán nove cestas polo Nadal

O Carballiño

Os praceiros sortearán nove cestas polo Nadal

Acto de presentación da campaña do Nadal.
photo_cameraActo de presentación da campaña do Nadal.
Coincidindo coa celebración do 90 aniversario da praza de abastos tamén haberá actuacións musicais

A Praza de Abastos do Carballiño comezou onte a campaña de promoción do Nadal 2019, na que sorteará entre a súa clientela nove cestas con produtos naviñedos, por valor de 70 euros cada unha, e dúas caixas de viño Pazo Tizón, patrocinador habitual destas campañas de promoción.

Prolongarase ata o día 23 do próximo mes de decembro, en que terá lugar o sorteo dos boletos que recibirán os clientes e que deberán depositar nas cinco urnas que estarán a súa disposición.

A concelleira de Comercio, Silvia Baranda, destacou a celebración do 90 aniversario da praza como un aliciente máis para acudir a mercar a esta instalación durante estas datas, e salientou a campaña de Nadal como unha das máis importantes do ano.

Asimesmo, asegurou que o concello seguirá apoiando as campañas con diversas actuacións musicais, e animou aos veciños a facer as compras nos distintos postos deste tradicional establecemento público.

O presidente da Asociación de Praceiros, Eligio González, expresou a sua ledicia por presentar unha nova campaña de dinamización e agradeceu á clientela a confianza depositada en cada un dos comerciantes da praza. De feito, dixo que o sorteo de nove cestas e dúas caixas de viño era, sobre todo, un xeito de premiar a súa fidelidade. Tamén apuntou que os produtos incluídos nas cestas de Nadal teñen un valor engadido porque foron adquiridos no comercio local.

Asimesmo, González anunciou unha actuación musical do grupo Anda Soa, prevista para o 21 de decembro, ás 12,00 horas.

Más en O Carballiño