A Praza de Abastos de Carballiño regala mil bolsas reutilizables

<p></p>
photo_camera Eligio González e Adolfo Nogueira mostran as bolsas.

A iniciativa foi presentada polo concelleiro Adolfo Nogueira e o presidente da asociación de praceiros, Eligio González.

A Concellería de Promoción Económica e a Praza de Abastos poñen en marcha unha campaña para promover o uso de bolsas reutilizables na compra. Por este motivo, esta área municipal entregou onte aos comerciantes 1.000 bolsas para distribuir entre a clientela do mercado. A iniciativa foi presentada polo concelleiro Adolfo Nogueira e o presidente da asociación de praceiros, Eligio González.

Nogueira subliñou o traballo que está desenvolvendo a asociación, e referiuse a esta campaña como un paso máis para seguir promocionando as compras na praza e contribuir á mellora do medio ambiente eliminando bolsas de plástico.

Eligio González agradeceu a colaboración do Concello e lembrou as obras de mellora que se levan realizando nestas instalación, e indicou que esta campaña precede á de Nadal, que se porá en marcha o próximo día 3 de novembro. Así, entre as primeiras actividades adiantou que para o sábado, 4 de novembro, está prevista unha actuación musical do grupo Feitizo de Pau, na Praza de Abastos, de 10,30 a 11,30 horas.

Te puede interesar