O programa de prevención de drogas chegou a 1.050 alumnos

A Concellería de Sanidade do Carballiño rematou o programa 'Prevención Escolar: Intervención Socioeducativa na Aula', correspondente a súa novena edición e que abrangue os catro centros educativos do municipio, e que se centra nas temáticas do tabaco, alcohol, cannabis, cocaína e sexualidade.
A sección 'Mellor sen tabaco' está orientada ós alumnos dos dous primeiros cursos de Secundaria. 'Con estes rapaces traballamos o consumo de tabaco, o uso ou abuso ó que poden chegar a facer os xóvenes en diferentes situacións', expón Xosé Manuel Fariñas, psicólogo do Concello.

Para os dous últimos cursos de Secundaria e os dous de Bacharelato, a cocaína é o elemento de debate. Mediante unha presentación, os estudantes coñecerán as consecuencias do consumo e da dependencia da cocaína, que poden derivar en ruptura da parella, tráfico de drogas, ilegalidade ou problemas cos amigos.

O programa de prevención escolar lévase a cabo dende novembro ata febreiro, aproximadamente. Este ano foron un total de 42 aulas e preto de 1.050 alumnos, distribuídos nos colexios Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, e nos Institutos de Secundaria Nº 1 e Chamoso Lamas do Carballiño. Os propios rapaces, unha vez concluído o programa, acuden ó departamento de Sanidade a consultas privadas por diversas temáticas, e é o psicólogo quen os deriva ó centro que estime oportuno.

Te puede interesar