voluntariado

Protección Civil difunde o seu labor no Carballiño

_volun_carba_result
photo_camera Un momento da visita do alcalde, á esquerda, á carpa da agrupación de Protección Civil.

O obxectivo desta xornada era informar aos veciños e veciñas da  función que presta agrupación e promover a captación de voluntarios

A Agrupación de Protección Civil do Carballiño celebrou ao longo da mañá de onte o Día Internacion do Voluntariado coa organización dunha xornada informativa, na que poideron ofrecer a todos veciños información sobre o labor que desenvolven ao longo de todo o ano.

O evento desenvolveuse na Praza Maior da capital do Arenteiro, ata onde a agrupación desprazou unha boa parte do material co que contan para prestar o servizo, como vehículos todoterreo, unha lancha zodiac, motos e unha gran carpa, entre outros dispositivos que teñen a súa disposición e que mostraron aos visitantes.

O obxectivo desta xornada era informar aos veciños e veciñas da  función que presta agrupación e promover a captación de voluntarios, que é o principal capital co que conta Protección Civil.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, tamén se achegou a media mañá ata a Praza Maior, para visitar a carpa e departir cos voluntarios e voluntarias, interesándose polo desenvolvemento da xornada.

Te puede interesar