O CARBALLIÑO

Protestas pola supresión de quendas da Policía

Policía Local
photo_camera Agentes da Policía Local prestando servicio nas rúas de Carballiño.

O Partido Popular recláma explicacións ó grupo de goberno municipal

O grupo municipal do Partido Popular no Concello do Carballiño solicitou unha reunión urxente entre os portavoces da Corporación, o concelleiro responsable de seguridade, Adolfo Nogueira; o alcalde, Francisco Fumega; e o xefe da Policia Local, Francisco Valeiras, co fin de que informen sobre o que está a acontecer con este servizo. O motivo da petición da reunión, segundo apunta o portavoz popular, Argimiro Marnotes, débese a que o pasado luns, veciños do pobo avisaron ao PP de que a Policía Local estivo sen patrulla na quenda de tarde, pois tras facer denuncia dalgún feito telefónicamente, se lles dixo que ata as 22,00 horas non había axentes en disposición de atender incidencia algunha.

"A indignación que este servizo está a crear na veciñanza é alarmante e non vemos ao actual concelleiro responsable deste servizo capaz de estar ao frente, pois non é a primeira vez que se detecta a falta de presenza policial", apuntan os populares. Este grupo da oposición insiste en que non se debe de perder nin a quenda de noite nin a de tarde, "porque é un dereito adquirido polos veciños que ata o de agora disfrutan dunm servizo de 24 horas".

Nese sentido, engade o PP que non todos as funcións que desempeña a Policía Local as pode realizar a Garda Civil, "pois non todas as actuacións están compatibilizadas entre ambos corpos, e nin a Garda Civil está numéricamente preparada para que a Policía Local esté a desaparecer paulatinamente das rúas do noso pobo".

Os responsables do Concello non quixeron dar a súa versión sobre o acontecido ata comprobar como está a situación.
 

Te puede interesar