Un protocolo garante a cesión de terreos para ubicar a planta de residuos no Irixo

Os veciños do municipio de O Irixo que cederán terreos da súa propiedade para a instalación dunha planta de tratamento de residuos, promovida por Estela Eólica, asinaron un protocolo de intencións coa empresa para a súa presentación, o pasado venres, día 30 de decembro, ante a Consellería de Medio Ambiente.
Iste documento foi asinado pola maioría dos comuneiros das localidades de Menaz, Casares, Orosa, Cardedo y Filgueira, das parroquias de O Campo e San Cosme. 'É o primeiro paso para formalizar o contrato de cesión, que deberá ser consensuado antes do 31 de marzo', indicou o alcalde do Irixo, Manuel Penedo.

O contrato de aluguer de 50 hectáreas (500.000 metros cadrados) de superficie comunal suscribirase por un periodo de 30 años, a razón de 75.000 euros cada un e cun incremento anual previsto do 2% do IPC, e que suporá finalmente un ingreso total para os propietarios de 3,4 millóns de euros. Mentres iste proceso de ubicación se completa, a oposición veciñal e política está a organizarse nos últimos días. Neste sentido, as corporacións municipais de Ribadavia, na comarca do Ribeiro, e de Piñor, na carballiñesa, xa se posicionaron en contra da planta de residuos do Irixo, alegando problemas de contaminación medioambiental.

Para o vindeiro xoves está convocada unha sesión plenaria no Carballiño, que foi solicitada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para debatir encol da instalación de tratamento de lixo. Por outra banda, a coordenadora 'Incineradora no Irixo, non' convocou para o sábado, 7 de xaneiro, unha manifestación, ás catro da tarde.

Te puede interesar