Proxección da película “María Solinha" ao aire libre, en Maside

O próximo sábado, día 4 de xullo,  terá lugar a proxección da película "María Solinha", na Pista Vermella de Maside, a partir das 22,30 horas. Os responsables da programación cultural deste verán en Maside avisan que será ao aire libre se a climatoloxía o permite, xa que de non ser así a proxección será trasladada ao pavillón municipal de deportes.  Será unha actividade aberta ó público en xeral e totalmente gratuita. Ademais, sinalan desde o Concello de Maside que "contará con tódalas medidas hixiénico-sanitarias para que sexa unha actividade segura". As autoridades municipais animan a asistir a esta sesión de cine da programación de verán.n

Te puede interesar