CARBALLIÑO

Proxecto para acondicionar a praza-mirador da piscifactoría

O orzamento desta reforma é de 60.000 euros, cofinanciado co Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia

 O Concello do Carballiño procederá nas próximas semanas ao acondicionamento e reforma da praza-mirador da piscifactoría. Este espazo, situado ao final da avenida do Parque, fora construido pola primeira escola-taller e o obxectivo é mellorar a accesibilidade así como a seguridade e a propia praza. 

O orzamento desta reforma é de 60.000 euros, cofinanciado co Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia. O proxecto consistirá na creación dun acceso empedrado con lousas de granito que facilitará o acceso autónomo das persoas con problemas de moblidade. Tamén se restaurará a varanda de madeira e a praza central do mirador será enlousada con granito, e se modificarán os elementos ornamentais vexetais, setos e arbustos. 

Te puede interesar