augas

O PSdeG alerta sobre a auga turbia da traída de San Amaro

san_amaro_result
photo_camera Contenedores en San Amaro.

o alcalde, Ernesto Pérez, afirma que non lle consta que a auga estea turbia, que non recibiu ningunha queixa

O PSdeG de San Amaro alerta da auga turbia da traída. Este grupo da oposición sinala que "o saneamento xeral deste municipio da contorna metropolitana da cidade de Ourense deixa moito que desexar: auga noxenta e insalubre; colectores do lixo cheos de bolsas; arquetas de saneamento rotas dende hai meses ou rúas repletas de suciedade".

A portavoz municipal dos socialistas, María Jesús Carrasco, engade que “a veciñanza de San Amaro vive sumida nun concello sen lei, onde a agua da traída está repleta de suciedade ou onde o lixo permanece abandonado nos colectores a pesares das altas temperaturas do verán”.

O alcalde, Ernesto Pérez (PP), mostrouse sorprendido das manifestacións dos socialistas, asegurando que non lle consta en absoluto que a auga da traída estea turbia, e que tampouco recibiu ningunha queixa dos veciños.

En canto aos contenedores, puntualizou que non é a primeira vez que se depositan cascallos que non se poden recoller e mezclar con outro tipo de residuos, acumulándose nos recipientes ata que os retira o Concello.

Te puede interesar