O CARBALLIÑO

O PSdeG critica “o afán de protagonismo 
de Marnotes"

Os socialistas consideran que ese afán de protagonismo, "o leva a saltarse o protocolo institucional e a faltarlle ó respecto aos demais grupos da corporación"

O grupo municipal do PSdeG de Carballiño critica o que califica "patético afán de protagonismo que está a amosar Argimiro Marnotes", en relación á participación do exalcalde popular e ahora portavoz deste grupo da oposición nos actos oficiais da Festa do Pulpoque. Os socialistas consideran que ese afán de protagonismo, ó que se refiren, "o leva a saltarse o protocolo institucional e a faltarlle ó respecto aos demais grupos da corporación municipal ao acudir a eventos aos que non está convidado só para aparecer na foto".

Engade o PSdeG que "a desesperación de Marnotes por acaparar o protagonismo levouno a colocarse xunto aos concelleiros do goberno para saír en fotos cando non lle correspondía". Sinalan como exemplo a foto das autoridades xunto á caldeira de pulpo.

Te puede interesar