POLÉMICA

O PSdeG, disposto a pagar unhas obras pola súa conta

<p></p>

O alcalde do Irixo, Manuel Penedo, nega que haxa humidades e puntualiza que si hai algunhas manchas débese a que está atascado o canalón de recollida de augas pluviais

O portavoz socialista do Irixo, Iago Fariñas, solicitou autorización ao Concello para reparar a súa costa as humidades do centro de saúde. O grupo de goberno votou en contra desta reparación no último pleno polo que este grupo da oposición anuncia que poñerá estes feitos en coñecemento da Consellería de Sanidade e que “de non seren reparadas ditas humidades por parte do Concello, nin mediar actuación algunha por parte da Consellería de Sanidade, como membro da corporación, veciño e usuario de dito centro de saúde, se teña a ben autorizarme, chegado o caso á miña costa, a proceder á reparación das humidades que hai súa sala de polivalentes dende hai mais dun ano”.

O alcalde do Irixo, Manuel Penedo, nega que haxa humidades e puntualiza que si hai algunhas manchas débese a que está atascado o canalón de recollida de augas pluviais, que só é necesario limpar, pero que non necesita reparacións. Engade que as obras estructurais son competencia de Sanidade e que o Concello "leva prefectamente o mantemento".

Te puede interesar