O PSdeG insta a seleccionar ós brigadistas para apagar incendios

O grupo municipal socialista do Carballiño insta ó goberno local, a través dunha moción, a que aclare a situación do servizo de loita contra incendios na comarca asi coma 'a procura dunha pronta solución para o deficiente dispositivo actual, sobre todo, no que a incendios forestais se refire', indica. Ademais, reclama 'unha convocatoria pública e accesible a todos, bases de selección transparentes e equitativas, que garantan a igualdade en dito proceso', referíndose á selección dos brigadistas.
Nese senso, afirman que diversos colectivos do Servizo de protección contra incendios forestais de Galicia contactaron co PSdeG porque 'aínda non se ten constancia dun proceso selectivo en marcha, sendo o 1 de xullo, o inicio da tempada de alto risco de incendios de Galicia', sinalan.

Te puede interesar