Provincia

O PSdeG pide á Xunta, cunha emenda, a Casa da Xuventude

A estación de autobuses do Carballiño.
photo_camera A estación de autobuses do Carballiño.
A parlamentaria marina ortega tamén reclama a mellora do centro de saúde e a musealización da fábrica de papel

A parlamentaria socialista Marina Ortega vén de presentar as emendas do PSdeG aos Orzamentos da Xunta relativas ao Carballiño, que incorporan a rehabilitación e acondicionamento da estación de autobuses para a creación da Casa da Xuventude, ao mesmo tempo que o servizo de transporte está previsto trasladalo á estación de ferrocarril. Reclama 2,8 millóns de euros adicionais para que a Xunta faga efectivos os compromisos acadados polo presidente da Xunta co concello, incluíndo a mellora das instalacións do Centro de Saúde.

A parlamentaria sinalou que o Concello conta con máis de 3.000 mozos que non dispoñen dunha Casa da Xuventude en ningún dos concellos da comarca, e que, dixo, "ben merecen tamén a mellora das instalacións deportivas do Concello".

Tamén urxiu ao goberno galego a facer efectivo o compromiso acadado polo presidente da Xunta co alcalde para mellorar o Centro de Saúde. Solicitou ademais o saneamento e conexión da rede de alcantarillado da estrada de Ourense coa Edar de Partovia; a mellora da seguridade viaria na Avenida de Compostela e a execución da musealización da fábrica de papel da Lavandeira, a única fábrica de papel de trapo rehabilitada.

Te puede interesar